Porqué son anticristián; 1º Cristo non existíu.

Resucito no post número 200 con lavado de cara e doutras partes que non veñen ao caso para traer a boa nova. Vou falar de Cristo, de Mahoma, de Yahvé, de Alá, e toda esa tropa de mitos horripilantes chegados todos dúnha franxa de terreo tan estreita que faime sospeitar seriamente dos seus costumes gastronómicos e/ou hábitos sexuais.... que ten o oriente medio contra a humanidade?. Teño ganas de falar desa praga infame que atormenta ao mundo e que chamamos relixións abraámicas.
Penso que é obrigado comezar falando do mito central da fea cara católica do monstro abraámico; o tal Xesús. O primeiro grande gol que aínda hoxe nos cola a seita xudía do cristianismo é a da existencia do tal Xesús “Cristo”. Ninguén parece discutir este primeiro feito, limitándose tan só a avalar ou discutir a súa divindade.
Antes de nada habería que precisar que iso que vemos coma o mais ou menos monolítico culto cristián non é mais que o resultado dunha tarefa homoxeneizadora realizada pola igrexa católica particularmente entre os séculos III e IV da súa cronoloxía entre unha amalgama amorfa de textos de diferentes seitas xudías que falaban de diferentes “Cristos” de moi diferentes características.
As únicas fontes testemuñais da existencia de Xesús “Cristo” son os textos relixiosos de estas seitas, moitos dos cales están dacordo en que o “Cristo” chamábase Xesús e noutros atributos persoais.
Os textos aos que nos referimos, dos cales proveñen os actuais evanxelios “canónicos” son o puzzle montado cunha serie de textos en grego e corrixidos non se sabe ben canto, cando, nin por quen nos primeiros tempos da igrexa católica. Os mais antigos son cando menos século e medio posteriores á suposta morte de Xesús, co cal, obviamente os seus autores non puideron ser testemuña do que neles se narra.
Os textos evanxélicos conteñen grande número de imprecisións xeográficas sobre palestina, co cal podemos deducir que os seus autores descoñecían ademais o entorno no que se desenvolve a obra. Comunmente dedúcese que os “evanxelistas” eran xudeus da diáspora, posiblemente descendentes dos expulsados de Xerusalén polos romanos despois das revoltas en torno ao 70 d.c.
As moitas ducias de textos cristiáns anteriores a Constantino foron reducidos a 4 únicos evanxelios canónicos que a igrexa se reservou a potestade de definir coma dictados polo deus xudeu. Son os catro textos reconstruídos e corrixidos que mais ou menos podían debuxar un Xesús similar e convinte para eles, mesmo anque eses textos teñan numerosas contradiccións.
O tal Xesús non puido nacer no ano que nos propoñen os evanxelios canónicos, dado que Herodes morreu catro anos antes desa data, e o censo romano que supostamente provocou a viaxe de Xosé e María produciuse pola súa parte seis anos mais tarde.
Dos dous historiadores coñecidos que viviron en Palestina no século 1; Flavio Josefo e mais Justo de Tiberíades, non obtemos unha soa mención a Xesús “Cristo” mais aló do “testimonium Flaviarum”, unha falsificación similar aos billetes de 3 euros. Flavio Josefo escribiu 20 libros da súa serie “antigüidades xudeas”, nas que alguén incluíu posteriormente un parágrafo no libro 18 no que se menciona a Xesús coma Cristo. A obviedade da falsificación non se trata só do feito de que un enviado de deus fora ocupar só unhas liñas nunha obra desas dimensións (non menos de 40 páxinas falan de Herodes pai), senón no feito de que Focio, patriarca de Alexandría no século IX e erudito cristián, recoñeza que na obra de Flavio que na cidade conservaban non se adicaba palabra algunha a Xesús, o mesmo que acontecía coa obra de Justo.
Pero é que a falsificación, “corrección” e omisión é a maneira en que igrexa católica foi moldeando o que hoxe coñecemos coma Xesús durante séculos.
Toda a obra dos primeiros cristiáns está enfocada a presentarnos a Xesús coma o enviado anunciado na relixión abraámica, pero ese Xesús en si non era mais que a sucesión dunha serie de mitos e espiritualidade asiática con toques helénicos recompilada. Os xudeus da diáspora grega que escribiron os evanxélios mesturaron a súa relixión natural coa inspiración asiática de oriente próximo e toques da terra de acollida; o deus Atis pronunciou un sermón da montaña, foi chamado o bo pastor, morreu crucificado pola salvación da humanidade e resucitou aos tres días. No seu culto cerimonial pronunciábase; “O que non beba do meu corpo nin beba da miña sangue de sorte que sexa un comigo e eu con el non se salvará”.
Buda foi bautizado con auga, curou aos enfermos, camiñou sobre a auga e alimentou a cincocentos homes dunha cesta de biscoitos. Tamén resucitou e ascendeu corporalmente ao Nirvana.
Dioniso tamén resucitou. A este tamén o chamaron “rei de reis”, tamén pronunciou un sermón da montaña, foi crucificado entre dous ladróns e resucitou despois de ser enterrado durante tres días nunha tumba.
Khrishna foi fillo dun carpinteiro, o seu nacemento foi anunciado por unha estrela de oriente, e agardado por pastores que lle levaron especias coma regalo. Krishna tivo doce discípulos, morreu cara os 30 anos pola salvación da humanidade, resucitou de entre os mortos ascendeu aos ceos e foi a segunda persoa dunha trindade.
Dificilmente pódese considerar coincidencia; o fin último desta entelequia católica foi a introducción en Europa dunha amalgama relixiosa asiática que borrou a cosmovisión dos pobos europeos e a súa relixiosidade natural para a sustituir con toda sorte de violencias e traumas por este elemento desnaturalizador.
Non hai mais motivos para crer nun Xesús corpóreo do que hai para crer na súa resurrección. Todo é fe, e a fe destes xudeus desterrados é todo canto temos para crer na existencia dun Xesús humano.
Vale que o feito de ser inexistente non é motivo para ser odiado. de feito non odio aos ananiños verdes que poderían vivir no meu armario en caso de existir, pero hai unha chea de razóns polas que o tal Cristo, aínda como ser fabuloso, era un cretino da peor especie. Pero iso xa outro día.
Etiquetas: historia e ciencias, teoloxía mouchuna